21-05-2010
Neste último ano e médio vem-se escutando insistentemente em todos os meios de comunicação (rádio, televissão, imprensa) e nas conversas de rua, que estamos em crise. Mas de que é do que se está a falar, de que classe de crise se trata? É esclarecedor que as medidas propostas, nesta semana passada, pelo goveno espanhol do PSOE agradem à cúpula empresarial e agridam às classes populares. Com elas estam a demonstrar, na prática, ao serviço de quem está este governo.
O Estado do Benestar foi unha breve paréntese na historia do capitalismo determinado por unha correlación de forzas definida pola existencia do bloque socialista, o avanzo dos movementos nacional-populares no Terceiro Mundo e a capacidade de presión das clases populares nos centros capitalistas. Quérennos convencer de que a única alternativa á crise das periferias europeas pasa por asumir o dogma liberal, como se a xestión fose neutral, porque saben que o adversario unha vez desarmado ideoloxicamente non é quen de dar batalla algunha.
En termos de prospectiva político-económica é difícil enxergar o que vai acontecer con moitas institucións das que agora temos (goberno galego, Estados, UE, caixas e bancas, igrexa, etc.), o que si é claro é que o control da cadea de producción agropecuaria seguirá sendo fundamental para artelllar calquer idea de soberanía en calquera orde que nos situemos.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org