07-02-2012
Coa aprobación por parte do Goberno do Estado do Real Decreto-Lei 1/2012, polo que se suprimen os incentivos económicos ás novas instalacións renovábeis, é imposíbel a realización do concurso eólico e dos proxectos industriais asociados.
As políticas que se levaron a cabo até o de agora non funcionaron. As novas (que en esencia son as mesmas) tampouco o farán. Lamentabelmente, as consecuencias, non por agardábeis, son menos duras.
Os niveis de desemprego están en Galiza nos niveis máis altos da historia. Máis de 270.000 persoas non teñen traballo segundo os recentes dados do pasado mes de xaneiro. E, definitivamente, non se trata dunha consecuencia da crise, senón do resultado das respostas que se lle están a dar á mesma. Dende o punto de vista de quen hoxe ten o poder para estabelecer políticas económicas, o desemprego non é un obxectivo a combater polas mesmas.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org