00:24 Sabado, 25 de Maio de 2013
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Ilustración dunha Cantiga de Escarnio e maldicir 29-08-2010

O poder mediático leva camiño de se converter en primeiro poder, con capacidade para cambiar gobernos

Políticas de escarnio e maldicer: poder mediático e manipulación informativa

MANUEL REI ROMEU


Sufrimos recentemente unha boa mostra, coa votación da proposta de reforma laboral do goberno do Estado, do xeito de actuaren os medios de comunicación cunha forza política como o BNG.  Estamos no aire, vivimos nunha alerta permanente perante a manipulación descarada ou sibilina, a ocultación e o silencio, cando non son difamación e maledicencia. Prepárense, pois, candidatos e candidatas do BNG ás eleccións Municipais de 2011, porque o PP, co concurso activo dalgunhas formacións locais populistas, onde as houber, e a axuda doutras "máis progres", utilizará todos os medios ao seu dispor para o combate e desprestixio do noso proxecto, para ampliaren a "guerra suxa", que contará cos apoios mediáticos requeridos.


3 comentarios |
Valoración
28-08-2010

Aínda que o galego non fose unha “superlingua”, tamén cabería defendelo como lingua inalienábel do pobo galego: por ser a nosa

Reflexións sobre o discurso da utilidade do galego como "superlingua" internacional

ROBERT NEAL BAXTER

Mapa editado pola Asociaçom Galega da Língua (AGAL)


Con esta achega quero repasar máis polo miúdo algúns dos argumentos esgrimidos nos comentarios recibidos a raíz do meu último artigo O galego na escolae que suscitaron en min unha serie de reflexións de orde máis xeral. O primeiro elemento de reflexión parte dunha pregunta moito concreta que me fixo un lector que quería saber se para min (e para o Partido no que milito) a lingua é "unha ferramenta ou un fin político". Abofé que non entendía moito ben a pregunta por non entender que os dous aspectos estivesen en contradición entre si, sendo o galego para min tanto unha ferramenta de comunicación como un elemento eminentemente politizado, tal e como ten demostrado tan descaradamente a recente campaña para o erradicar paulatinamente como paso esencial previo para acabar co pobo galego.


13 comentarios |
Valoración
26-08-2010

O Festival Sete Sois Sete Lúas tense convertido nun gran proxecto de promoción económica, cultural e artística cuxo obxetivo é a cohesión e a descentralización entre países e institucións

Cando as cousas están ben feitas

SONIA LEBEDYNSKI DIÉGUEZ


Festival Sete Sóis Sete Luas. Seguramente para moitos este nome evoque a un festival ao uso como os que podemos ter de referencia pero lexos da filosofía de moitos dos festivais europeos que eu coñezo, o Festival Sete Sóis Sete Luas  converteuse nun gran proxecto de desenvolvemento internacional onde as fronteiras son físicas e non emocionais, onde a música e a arte camiñan da man para percorrer lugares descoñecidos e descubrir xente cun fío común, a cultura foránea.


2 comentarios |
Valoración

FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ


25-08-2010

Nova oferta e demanda, novo mercadeo, especializado na venta e no aluguer de traxes, armamento e complementos do pasado xunto con todas as artesanías tradicionais

Festas de Historia, Historia de festas

2 comentarios |
Valoración

MANUEL VILAR ÁLVAREZ


24-08-2010

O acceso libre á cultura, que todo cidadán ten dereito, enténdese agora como o deber de estar atento ás mellores ofertas comerciais

Cultura para consumidores. Ao fío dunhas declaracións do Conselleiro de Cultura

0 comentarios |
Valoración

IRIA TAIBO CORSANEGO


23-08-2010

A respecto do galego pensamos que é normal que renunciemos á nosa lingua para facer máis fácil a vida de outros

O falso discurso da utilidade lingüística

1 comentarios |
Valoración

MANUEL LÓPEZ FOXO


22-08-2010

D´ "O Libro dos Amigos" á conferencia "A miña amizade con Castealo"

A coraxe de don Ramón Otero Pedrayo

1 comentarios |
Valoración

MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO


21-08-2010

A falta de encaixe na oficialidade deste intelectual e patriota non é por “reintegracionista” ou “lusista”. Esta é a tona dunha posición inadmisíbel para o piñeirismo-postpiñeirismo

Carvalho Calero, onte e hoxe

0 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ... 74 75 76 77 78 ... 94   95  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org