06-02-2012
Era fillo lexitimo de Don Gaspar de Lamas Vaamonde e de Catalina del Busto, veciños que foron da freguesía de Santa Eulalia de Vilausende, concello de Sante e tivo casado con Dona María Sanjurjo Montenegro e Cantooira, filla lexitima de D. Pedro Núñez Sanjurjo e Dona María de Aguiar e Pedrosa, veciños que foron da Vila e Concello de Castropol.
A linguaxe non-androcéntrica ten por obxectivo principal non tanto modificar os comportamentos mediante o traslado mecánico dunha mudanza dos usos lingüísticos, como se dunha "novilingua" orweliana se tratase, senón tornar patentes os usos enquistados e os valores que transmiten para se falar deles, debatelos, desafialos e, en última instancia, mudalos.
Tamén costuma ser elemento de identificación grupal ou de clase e símbolo da identidade nacional das persoas. É por iso que, alén de constituír un capital cultural relevante, tamén pode acabar por se converter nunha ferramenta do poder político e do poder económico para ambos mellor controlaren os individuos e as sociedades. Desde aquel lonxincuo dito nebrixano de que sempre a lingua fora compañeira do imperio até á constatación actual do predominio mundial do inglés ao servizo dos intereses xeopolíticos e económicos dos Estados Unidos e de Inglaterra, a evidencia da utilización da planificación lingüística como eficaz instrumento de dominio dos grandes estados fica cada vez máis ao descuberto.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org