A situación pola que están a pasar as publicacións en galego ilustra ben as dificultades para manter medios na lingua propia do País, á marxe do poder, e que contribúan a unha pluralidade informativa tan necesaria como escasa.
.....ao igual que os nosos gobernantes, fun iluminado pola sabedoría celestial do comercio que me fixo ver o importante que era manter unha política forestal que manteña os nosos montes como terreos improdutivos e que profunde no abandono e a desestruturación do medio rural para que poidamos seguir tendo, ano tras ano, unha cantidade importante de lumes.
Sobran as razóns para que o día 29 fagamos Folga Xeral, os nacionalistas debemos ter máis implicación, e as manifestacións nas cidades non poden quedar só na loita polo traballo, temos que diferenciarnos dos outros unha vez máis e intensificar tamén o dereito a ter soberanía propia e a defendernos e a diferenciar as forzas políticas existentes, e posicionarnos con aqueles que traballan a favor dos traballadores/as, e en Galiza na defensa do noso país, da nosa cultura, da nosa lingua.
Areais, templos abertos ao mar para despedir ao sol, na tradición tan respectados, os que obrigan a descalzarnos, asociados a baños fecundativos, á deusa Venus das vieiras, a sereas ou homes mariños, a tesouros de piratas... praias hoxe en perigo polo tumultuoso descontrol: ao faltar nas urbes as campas nas que convivir e expresarse, por terse convertido en metros cúbicos de especulación e mostrario da ilustración municipal (aparcadoiros, fontes, farolas, banquiños... ) a multitude acude ao espazo ceibe das praias para trepar e aldraxar o legado.
A música como sonoridade organizada; perceptíbel, coherente e significativa. A música galega como sinal de identidade, de manifestación artística, de comunicación de información, de xogo, de oficio, de memoria, de estética, de ética. O eterno equilibrio entre a beleza e a ética "o belo moral e o belo formal".
De xuño a setembro están recollidas 600 festas populares. A representación artística destes festexos está monopolizada por unha soa empresa: espectáculos Lito. O oficio do artista implica un compromiso estético e ético no espazo que crea e presenta a súa obra, a súa festa.
Un "soño" financiado cos recursos de todas as galegas e galegos e que para moitos, mais ben se transformou nun pesadelo pola polémica que xerou, os elevados custes de construción e mantemento do complexo e a dificultade real de que tal inversión sexa rentábel no futuro. Van alá case trece anos desde que Fraga, no debate de investidura como presidente da Xunta de Galiza de 1977, anunciara a súa intención de levar adiante esta iniciativa, concibida como unha serie de "bairros" culturais. Mais tarde confirmará -no seo da comisión de investigación creada no Parlamento de Galiza- que se trataba dun "soño".
Depois das eleiçons galegas de Março de 2009 o CIS realizou um inquérito na Galiza a umha mostra de 2.996 pessoas. As entrevistas fórom realizadas do 7 ao 31 de Março nos fogares. O inquérito desenhado polo CIS incluiu umha pergunta referida ao voto nas eleiçons galegas de 2005: lembra você a que partido ou coaligaçom votou vostede nas últimas eleiçons autonómicas de 2005? A comparaçom entre a contestaçom a esta pregunta e a que se refere ao voto em 2009 permite-nos obter informaçom sobre os votantes perdidos polo BNG entre essas duas convocatórias eleitorais. A informaçom que se pode tirar do inquérito é muito ampla; este documento nom pretende realizar umha extracçom exaustiva tam só assinalar alguns aspectos. Tampouco pretendemos fazer umha análise em profundidade dos dados extraídos, muito menos tentamos realizar qualquer tipo de análise prospectiva ou propositiva.
Num artigo publicado neste meio, o professor Robert Neal Baxter compartiu connosco recentemente umhas interessantes «Reflexións sobre o discurso da utilidade do galego como "superlingua" internacional». Este texto, que contém importantes ideias sobre as estratégias a seguir para a dignificaçom da língua galega, parece ter surgido de uma dupla intençom que fijo com que o tema tratado ficasse pouco claro, e em consequência deu lugar a evidentes maus entendidos.
No capitalismo a cultura é mercadoría. A cultura capitalista entende o mundo como mercado, os cidadáns como consumidores e os pobos como públicos. Fóra desa lóxica mercantil sitúase, para o sistema, pouco máis que o marxinal, o marcado, o amateur, o non relevante. Hai tempo que a cultura deixou de ser o espazo xerador das ideas, dos valores, do diálogo, da identidade, para ser un potente mercado transmisor dos valores, dos símbolos e da ideoloxía dominante.
Visitar terras do centro de Estado permíteche ver con claridade as grandes diferenzas que existen entre o noso territorio e aquel. No noso país calquera camiño, calquera pista, levan a algún lugar habitado, mentres que alí os núcleos aparecen compactos na súa localización e definidos e delimitados polo espazo despoboado e ermo, sen casas espalladas no horizonte. Claro que alí a propiedade é inmensa, con abondosos latifundios, e os labregos non son adoito propietarios, e por iso non viven nas súas terras.
Quizás este xogo de palabras co que titulo este artigo non sexa o máis adecuado pero é o que o maxín trae á miña boca, moitas veces pechada por non crear debates polémicos ou politicamente incorrectos. Parto do principio dunha empresa PÚBLICA de servizos agrarios onde o dereito de oportunidade e o dereito ao traballo é unha máxima alcanzable para todos, no intento de aportar un grao de ilusión que tanta falta fai neste mundo rural tan ennegrecido a cotío.
Cando no pasado mes de febreiro a esquerda abertzale presentou o documento de cinco folios que dá título a este artigo e no que se recollen as conclusións do debate interno que ao longo de varios meses mantivo a súa militancia co obxecto de decidir o camiño a seguir no futuro moita xente fora de Euskadi recibiu esa nova iniciativa cunha actitude que poderíamos dicir que contiña un 50% de esperanza e outro 50% de escepticismo.
Máis dun ano despois de asumir a presidencia de República, Ricardo Martinelli e o seu goberno enfróntanse ao despertar dun pobo que mira coma o Panamá de hoxe achégase sen miramentos os anos máis escuros da ditadura militar. Tarefa nada doada, ao percibiren os movementos que en todos os ámbitos está facendo o executivo para dominar até o derradeiro mecanismo do estado, ademáis nun país cunha taxa de pobreza de case o 50%, dos que a metade atópanse en pobreza extrema, nunha situación por debaixo dasubsistencia.
Os lumes voltan a ser noticia negativa este verán, e especialmente no mes de agosto no que tivemos días verdadeiramente dramáticos: morte de dous traballadores do operativo de extinción de incendios (as miñas máis sentidas condolencias para os seus familiares), cortes de estradas e autovías, desaloxos de casas e aldeas, declaración do nivel 2 de alerta en diversas zonas. Asistimos tamén, estas últimas semanas a situacións tamén moi dramáticas en países coma Portugal ou Rusia onde as consecuencias dos lumes tardarán anos en recuperarse e a perda de vidas humanas está a ser numerosa (caso de Rusia).
Intento referenciar desde a memoria histórica o maltrato por séculos infrinxido a galegos nas escolas de avezar, nas de Gramática e nas da Universidade. Violación dos dereitos humanos hoxe recoñecidos, antes sospeitados, que inda están a seren lexitimados por certos sectores e partidos políticos de mentalidade ultra. Estou a colocar encol da mesa tres memoriais: as escolas de Gramática-unha especie de ensino secundario- a abundaren en Galiza desde 1544, as protestas de Martiño Sarmiento referente a albafetización dos nenos galegos en castelán e o acontecer semellante da colonización europea dos séculos XVI e seguintes.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org